16/11/17

ASÍ SON EU: COMO ME VEN


ASÍ SON EU: COMO ME VEN


         Tania é unha rapaza moi alegre, sempre está sorrindo e contaxiando a felicidade a todos os que a rodean. Unha nena amable e graciosa polo que tamén é sociable. Axuda aos seus amigos con calquera situación, anímaos e apréciaos. Gústalle pasar o tempo cos seus amigos e familiares, sexa falando, sacando fotos, dando un paseo ou tomando algo. Encántalle o verán, os xeados, o sol e a piscina. Con ela pódense pasar grandes momentos e botar unhas risas. Unha persoa entrañable.
Paula (amiga)
        

Tania é unha rapaza alegre, aínda que cando se enfada ten moi mal carácter. É graciosa, boa amiga e boa irmá (ás veces). Axuda aos demais en todo o que pode. Encántalle estar cos amigos e coa familia. Gústanlle moito os animais, o verán, as festas… e odia as mentiras e a falsidade.

Raúl (irmán)

MARÍA VICTORIA MORENO