20/04/18

BIBLIOTRÁILER

Recomendo este libro porque acerca información acerca dos distintos puntos de vista da vida dun adolescente.


10/12/17

A ESTACIÓN


A vida no pobo ofrece poucas melloras para a xente nova. Limítase á supervivencia e aos traballos do campo.
O meu avó, non conforme co futuro que lle agarda, decide marchar para Francia. Como aínda é neno, vai a cargo dun veciño, pois suponse que mirará por el. Seus pais dánlle cartos para que llos administre, un gran erro por non confiar no seu fillo e sí nunha persoa allea.
Colle o tren e vai rumbo ao descoñecido. A primeira parada é en Astorga. Xúntase con outro rapaz da mesma idade cal que vai no tren e van tomar algo.
O tempo cando non é noso, non espera, vai paseniño e sen deterse. O tren pónse en marcha sen os dous pasaxeiros. O señor que ía ao cargo pouco se preocupou da súa falta, iso sí, levaba os cartos do mozo que quedara atrás na estación. Os dous rapaces bótanse a correr para poder agarrarse a un vagón, mais o resultado é un golpe, o primeiro dos moitos que levaría. O soño estaba a punto de esvaecerse, pero a ocurrencia dun adolescente do rural fixo que non fose así.
Colle un taxi e dille que ten que alcanzar o tren na seguinte estación, que o leve ata aló, e así foi. Ao chegar, con medo a non saír ben, pois non levaba cartos, bótase a correr cara o tren antes de que o taxista o detivese e dille: “se quere cobrar apure que o dos cartos vai dentro e o tren vai arrincar”.
A primeira aventura saíu ben, grazas á iniciativa e rápida decisión dun neno que se estaba facendo home con só apenas dezaseis anos.



16/11/17

ASÍ SON EU: COMO ME VEN


ASÍ SON EU: COMO ME VEN


         Tania é unha rapaza moi alegre, sempre está sorrindo e contaxiando a felicidade a todos os que a rodean. Unha nena amable e graciosa polo que tamén é sociable. Axuda aos seus amigos con calquera situación, anímaos e apréciaos. Gústalle pasar o tempo cos seus amigos e familiares, sexa falando, sacando fotos, dando un paseo ou tomando algo. Encántalle o verán, os xeados, o sol e a piscina. Con ela pódense pasar grandes momentos e botar unhas risas. Unha persoa entrañable.
Paula (amiga)
        

Tania é unha rapaza alegre, aínda que cando se enfada ten moi mal carácter. É graciosa, boa amiga e boa irmá (ás veces). Axuda aos demais en todo o que pode. Encántalle estar cos amigos e coa familia. Gústanlle moito os animais, o verán, as festas… e odia as mentiras e a falsidade.

Raúl (irmán)

24/10/17

ASÍ SON EU

GÚSTAME

Gústame o chocolate, as pipas, as películas de risa, os xeados, escoitar música, o verán, os amigos, as cores, a montaña, a piscina, durmir, xogar ao fútbol, o kárate, a neve, as tardes de sofá cando chove, as mochilas de coiro, o cheiro a pizza, as flores amarelas, os cas, os cabalos, o bocadillo de panceta e queixo, os peluches, sacar fotos no exterior, as festas, os felos, Galicia, a aldea…

NON ME GUSTA

Non me gusta o remate do verán, as despedidas, as películas de medo, o trono, a néboa, os insectos, a choiva no verán, o regreso ás clases, o frío, os coches grises, os exames, a xente falsa, as mentiras, o zume de coco, a roupa verde, correr, o son do xiz na pizarra, as bolsas de cartón, os programas de cotilleo, o pelo curto, as coletas, esperar moito tempo, debuxar, os gatos…







                                                                               



                                                                           
                                                                                           TANIA CORTÉS PACHECO. 4ºESO. Nº4.

MARÍA VICTORIA MORENO